Crecen os positivos en Guitiriz e Castro mentres Vilalba mantense
A provincia de Lugo segue a senda do control do virus cun novo descenso de casos activos, a segunda consecutiva condicionada novamente por numerosas altas aínda que o número de contaxios novoc confirmados mingua tamén. Así, este sábado os casos activos sitúanse en 1.957, que son 66 menos que onte. Na xornada anterior o ascenso foi de 81.
Rexistráronse nas últimas 24 horas 81 casos novos (onte foron 73) e as altas chegaron ás 8.631, 157 en 24 horas, o día anterior foron 163. É sen dúbida, coa de onte, unhas das maiores cifras de altas nunha mesma xornada que se dan ata o de agora.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.772 casos rexistrados e 178 persoas falecidas.
Pola contra, a presión hospitalaria empeora. Nas UCI hai tres casos máis, 30 en total, dúas delas na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 67 persoas (3 máis), 43 no hospital de Lugo (5 máis), 4 na Mariña (1 menos) e 19 en Monforte (2 menos). O Polusa volve acoller un enfermo.
POR COMARCAS
Terra Chá
A incidencia na comarca está marcada por Vilalba, que non logran vencer a curva e tras boas novas anteriores, hoxe recupera a alza de casos aínda que de forma simbólica. En crecemento agora mesmo están Guitiriz e Castro de Rei, pero de forma paulatina.
- Vilalba suma un novo positivo ata 180.
- A Pastoriza mantense en 10 casos.
- Outeiro de Rei mantén 17.
- Begonte baixa a 16, 3 máis.
- Castro de Rei sobe 3 máis ata 24.
- Friol volve baixar 2 casos e queda en 12.
- Guitiriz sobe 2 máis nun día e xa son 17.
- Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
- No veciño Concello das Pontes volven frear os contaxios en 67 (1 menos).
A Mariña
A covid continúa en remisión na comarca con todos os concellos rebaixando a incidencia ou manténdoa.
- Viveiro segue á baixa con 94, 9 menos.
- Xove mantense en 18.
- Burela volve baixar e queda en 25, con 5 casos menos.
- O Vicedo segue rebaixando e xa son 22 os enfermos, 1 menos.
- Cervo mantense en 12.
- Ribadeo tamén rebaixa 2 ata 21.
- Foz rebaixa 1 caso, e queda en 10 contaxiados.
Centro da provincia
Lugo segue estable mentres o resto continúan á baixa agás Castroverde.
- Lugo suma 2 casos ata 427.
- Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 4 menos e 51 en total.
- Monterroso mantense en 15.
- Becerreá rebaixa 1 caso ata os 10 de hoxe.
- Castroverde suma 2 positivos e son 19 en total.
- A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
Rebaixa importante en Sarria de casos debido as altas do gromo.
- Sarria rebaixa a 112 contaxios, 53 menos.
- Láncara rebaixa 1 ata 18.
- Paradela rebaixa 2 ata 12 casos.
Ribeira Sacra
Monforte e Quiroga certifican dúas baixadas importantes nunha comarca á baixa a nivel xeral pero con algún crecemento lento en concellos como Sober e Taboada.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 211 casos, 19 menos que onte.
- Quiroga rebaixa da centena con 79, 16 menos que onte.
- Chantada rebaixa 2 e xa son 47.
- Taboada sobe 1 para chegar a 10.
- O Saviñao mantense en 29 contaxios.
- Pantón mantén os 28 de onte.
- Ribas de Sil rebaixa por debaixo de 10.
- Pobra do Brollón mantense en 12.
- Sober volve subir ata os 12 casos (1 máis).