Cruce de acusacións por un novo retraso do PXOM

LugoXa
O Partido Popular de Lugo solicitou onte ao Concello de Lugo unha reunión urxente entre Concello e Confederación para desbloquear o 5% do PXOM que queda parado agora polo ente fluvial que alega que déficits na documentación entregada.
PXOM Lugo
18 Out 2023

O Partido Popular de Lugo solicitou onte ao Concello de Lugo unha reunión urxente entre Concello e Confederación para desbloquear o 5% do PXOM que queda parado agora polo ente fluvial que alega que déficits na documentación entregada. Ademais, os cambios de normativa e na cartografía fluvial desde a redación do plan ata o de agora deixan pendiente unha parte.

O Grupo Municipal do PP vén de rexistrar un rogo para que “se impulse un grupo de traballo bilateral con representantes do Concello e da Confederación que analice e solucione esas deficiencias da documentación que o Goberno local enviou a CHMS”.

Para os populares “a situación do PXOM de Lugo só se pode desbloquear cun traballo coordinado” engadindo que “para poder solventar de xeito defintivo o PXOM, faise imprescindible que CHMS e Concello acorden en reunións de traballo conxuntas cómo o goberno local debe de abordar as discrepancias existentes na documentación para dárlle integridade o PXOM, así como de que xeito no que teñen que presentar os documentos”.

Os populares afirman que “para nós aprobar o 100% deste documento é un asunto prioritario polas repercusións económicas e o impacto que ten nun sector moi importante en Lugo” engadindo que “ademáis hai moitos lucenses agardando a que se dé luz verde ao planeamento xa que o seu proxecto de vida ou negocio depende dunha licenza.

Os populares explican que este novo revés ao 5% do Plan Xeral suporá que Lugo terminará o 2023 sen ter aprobado o documento urbanístico máis importante que ten nas súas mans, sumando 12 anos á cronoloxía dun trámite que xa tiña que estar concluído hai tempo”.

Este plan comezou a elaborarse nos anos 90 e foi aprobada unha parte no 2011. Agora a demora na apliación do 5% afectaría a 70 núcleos de 21 das 54 parroquias de Lugo e a sectores empresariales e residencias, como os polígonos industriais das Gándaras e o Ceao ou a contorna do HULA.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia lembra que deu conformidade ao 5% que restaba fai un ano pero que "condicionado a que o Concello atendera as consideracións da CHMS e que este organismo en agosto comunicou que non todos foron atendidos".

GOBERNO LOCAL

Con relación ao adiamento que está a sufrir a entrada en vigor do PXOM de Lugo, o Goberno local, dende a área de Urbanismo confirmou que, ata a data, este servizo municipal non ten recibido ninguna comunicación ao respecto por parte da Xunta de Galicia e que, en canto a teñan, estudarán os termos recollidos na mesma para poder coñecer cales son as causas deste aprazamento ou, de ser o caso, os novos requirimentos esixidos co fin de darlle solución o máis axiña posible.

En calquera caso o Goberno local "lamenta" que a entrada en vigor deste documento teña que adiarse e amosa a súa sorpresa ante o feito de que estes atrancos xurdan xusto na recta final do proceso, "cando previamente as Admininstracións implicadas no procedemento non só traballaron da man e conxuntamente para resolver a súa tramitación, senón que a propia Xunta validou o contido relativo a aprobación do 5% e, por iso mesmo, o texto non só foi aprobado polo Pleno municipal senón que tamén superou a fase de sometemento a exposición pública no DOG".

0.13355588912964