Cruz Vermella Lugo organiza un novo curso de introdución á lingua e á cultura galegas

Cruz Vermella Lugo, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, porá en marcha unha nova edición dos cursos de lingua e cultura galegas dirixidos a persoas nacidas fóra de Galicia.
A formación está destinada a persoas maiores de 16 anos ou que cumpran esa idade en 2026 e que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e ampliar os seus coñecementos sobre a cultura galega.
O curso desenvolverase do 21 ao 25 de setembro, en horario de 09:30 a 13:30 horas, nas instalacións de Cruz Vermella Lugo. A formación terá unha duración total de 20 horas e, ao remate, entregarase un diploma acreditativo expedido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do teléfono 607 346 269 ou do correo electrónico formacionlugo@cruzroja.es. As inscricións tamén se poden realizar en Cruz Vermella Lugo, na avenida de Madrid, sen número.