Cs aposta por dinamizar a rehabilitación para evitar a degradación de barrios

LugoXa
A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo instará ao pleno a aprobar un paquete de medidas que ten por obxectivo dinamizar a rehabilitación.
barrio carme Lugo
barrio carme Lugo
28 dic 2022

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo instará ao pleno a aprobar un paquete de medidas que ten por obxectivo dinamizar a rehabilitación. "Lugo é a terceira cidade de España con máis vivendas baleiras, un 20% do total existente. Case un 40% dás vivendas actuais teñen unha antigüidade superior aos 40 anos, e aproximadamente, 3.000 superan os 50 anos. Estes son motivos que fan máis que xustificable que esta administración se involucre na recuperación da habitabilidade de moitas destas vivendas, que non contan cunhas condicións minimamente dignas e causan un efecto nocivo sobre a convivencia en moitos dos nosos barrio así como en determinadas áreas do centro histórico», afirmou a edil da formación laranxa.

Cs expón un conxunto accións para "evitar que os barrios da cidade sigan avanzando na súa degradación e que permitan recuperar zonas residenciais emblemáticas da nosa cidade poñendo coto así aos crecentes problemas de conviviencia veciñal". Louzao explica que "é necesario adaptar a ordenanza municipal á normativa autonómica e estatal, difundir unha guía para simplificar a tramitación burocracia, elaborar un mapa de zonas en risco para fixar prioridades de actuación e habilitar unha liña de axudas para dinamizar a iniciativa particular".

"A conservación e rehabilitación da cidade, coa conseguinte recuperación dos seus espazos degradados e da habitabilidade das vivendas ten que formar parte do proxecto político desta administración dun xeito global, porque abrangue a varias e distintas áreas, fixando cales son os obxectivos prioritarios nesa recuperación e utilizando os medios económicos precisos e os mecanismos que a lei lle ofrece», sinalou.

A portavoz municipal considera que "o Concello de Lugo non pode permanecer á marxe dun dos maiores problemas que vive a nosa cidade" e criticou "a actitude mantida por Lara Méndez desde a súa chegada á alcaldía en 2015" a quen acusa de" ingnorar este problema".