Cs insta ao Concello de Lugo a renovar o peche da pista deportiva de Camiño de Romai

LugoXa
Cs denuncia o perigo que supón o estado do peche perimetral da pista polideportiva de Camiño de Romai, nas Gándaras.
Pista polideportiva Camiño de Romai
20 Jun 2022

O grupo de Cs Lugo vén de alertar do estado que ten o peche perimetral da pista polideportiva de Camiño de Romai, no barrio das Gándaras. Un peche que, nas palabras da formación laranxa, “supón un perido para a integridade dos usuario debido ao seu deterioro e falta de mantemento.

"É inadmisible que o Goberno local leve desde antes do ano 2015, cando Lara Méndez acadou a alcaldía, sen realizar nin un só traballo de mantemento nesta pista deportiva. Nin o repintado da pista, nin o arranxo das porterías, nin a adaptación na mellora dos accesos e polo seu posto o urxente arranxo do peche perimetral que supón un risco para a seguridade”, argumentaba esta mañá a voceira da formación, Olga Louzao.

Louzao resaltaba, asemade, o estado da pista que, na súa opinión, “ilustra á perfección o que está a facer o bigoberno nesta zona das Gándaras: absolutamente nada”.
Segundo enumeraba a edil, esta parte da cidade amosa rúas sen beirarrúas, espazos sen urbanizar ou ata unha calzada sen sinalización horizontal, ademais “un alumeado público que supón nos meses de inverno unha falta de seguridade viaria imperdoable”.

“Este grupo municipal recibiu numerosas queixas dos veciños da zona relacionadas coa falta de seguridade viaria na contorna das súas vivendas. Pero o que realmente preocupa e é urxente, neste momento, é garantir seguridade na pista. O perigo principal é que as varas de metal que se atopan rotas supoñen unha amenza real contra a integridade física, de forma especial para os máis pequenos”, explicou Louzao.

Con esta denuncia, Cs Lugo insta ao Goberno local a acometer a substitución deste peche perimetral “coa máxima urxencia”. E critica que o “PSOE non pode deixar morrer os barrios é necesario ser máis receptivo coas demandas veciñais e escoitar a cidadanía á hora de programar as prioridades”.

0.16843318939209