Cultura colabora coa asociación Lóstregos Lucus no IV Desafío Lóstrego

LugoXa
Á area de Cultura do Concello de Lugo colabora co IV Desafío Lóstrego, a proba mototurista que terá lugar o vindeiro 25 de xuño.
Presentación IV desafío Lóstrego
2 Maio 2022

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, xunto con integrantes da asociación Lóstregos Lucus, presentaron a cuarta edición do Desafío Lóstrego, “unha proba mototurista xa consolidada e que conta cunha gran participación por parte das afeccionadas e dos afeccionados a esta modalidade”.

O IV Desafío Lóstrego terá lugar o vindeiro 25 de xuño, partindo desde Lugo e rematando no Incio. A ruta será apta para todo tipo de motos, e poderá realizarse por estrada ou na modalidade de trail. As persoas participantes poderán puntuar no campionato galego de mototurismo.

As inscricións abriranse o vindeiro día 15, cun custo de 40€ para só piloto e 80€ para piloto e acompañante. A inscrición inclúe o dorsal, camiseta do evento, adhesivos e o pasaporte Biker Friendly, ademais de almorzo, comida e cea para a xornada. Ademais, ao remate da actividade todas as persoas participantes participarán en sorteos de agasallos.

0.073947906494141