Dan comezo as obras de urbanización da Esquina de San Roque en Lugo

LugoXa
Empiezan las obras de urbanización de la Esquina de San Roque de Lugo que pone en valor un enclave en el que confluyen dos Bienes Mundiales.
inicio obras urbanización esquina de San Roque
inicio obras urbanización esquina de San Roque
14 dic 2021

Comezan as obras de urbanización da Esquina de San Roque. Este proxecto pretende poñer en valor un enclave no que conflúen dous Bens Mundiais, como son o Camiño Primitivo e a Muralla, e tamén dignificar unha das principais entradas ao recinto histórico da cidade.

Logo de ser autorizado inicialmente o pasado mes maio, recibía en outubro o visto bo definitivo da Xunta de Goberno, co informe favorable da Dirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, dando por concluído o procedemento burocrático.

Os traballos contemplan tarefas de demolición e reposición de pavimentos na calzada, apertura de gabias para redes de servizos, derruba de muros e de dúas edificacións en San Roque (números 5 e 7), así como a construción da infraestrutura para a nova beirarrúa. Obras que afectan ao subsolo nunha zona de ámbito PEPRI polo cal será a obrigatoria a realización das escavacións arqueolóxicas o que esixe, á súa vez, un proxecto de control permanente sobre as mesmas.

Os labores, que comezaron onte, están cuantificados en 123.757 euros e terán un prazo de execución de 6 meses.

Completaranse, alén, coas medidas necesarias para o establecemento da prioridade peonil do devandito Carril das Flores, incorporando elementos de sinalización e regulación viaria e, en canto ao deseño do firme, procurarase a continuidade do trazado do Camiño sobre a rúa de San Roque e a Rolda da Muralla, sen perder de vista a futura perspectiva dunha recuperación total dos usos peonís en todo o ámbito, dentro dos futuros plans de mobilidade e circulación que poida deseñar o Concello.

Así, a actuación prevista implicará a erradicación daqueles espazos que, pola súa configuración actual, resultan insalubres ou entrañan situacións de risco para a veciñanza como pode ser a pasarela de acceso aos establecementos comerciais. Isto reverterá, igualmente, noutros aspectos da seguridade cidadá, de forma especial en horario nocturno, porque a reforma pretende minimizar as consecuencias para a poboación por cuestións de xénero.

“As solucións aportadas permitirán que o fluxo peonil da Rolda da Muralla teña a súa continuación cunha beirarrúa de 4 metros de ancho, que actualmente non existe, que conectará co espazo que dá acceso ao edificio lindeiro cara a rúa Montero Ríos. Farase grazas á cesión de terreos por parte da iniciativa privada para mellorar o tránsito peonil”, abondou Lara Méndez ao tempo que indicou que o tráfico rodado verase tamén mellorado co ensanche da rúa San Roque, ampliándose o ancho dos dous carrís de enlace coa Rolda da Muralla e incorporando un novo viario para o acceso ao Carril das Flores, onde coexistirán o tráfico peonil e o rodado restrinxido, cun tratamento de firme diferente ao ser Camiño Primitivo. Neste caso, usarase granito con formigón desactivado, que é o que está a preferir Patrimonio”, explicou a rexedora.

Este tratamento diferenciado prolongarase ata o paso de peóns do inicio de San Roque, para que o acceso rodado sexa máis gradual. Así mesmo, o Carril das Flores terá un ancho aproximado de 6 metros na súa zona máis ampla, e de máis de 4 metros na zona de acceso desde a Rolda da Muralla.

Os muros que se xerarán pola diferencia de cota que vai producir entre Carril das Flores e a Rolda da Muralla revestirase de sillería de pedra ou cunha solución semellante para integralo na súa contorna. O muro do lindeiro do Carril das Flores máis próximo á futura edificación resolverase cunha baranda.

Esta nova urbanización permitirá desenvolver posteriormente neste enclave unha superficie de 607 metros libres para edificacións e espazos para a cidadanía.