Deceas de persoas asistiron a un obradoiro de fotografía en Trabada

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
8 Out 2019

Co obxectivo de sacarlle o máximo partido aos negocios fundamentalmente hostaleiros, en internet, o Concello de Trabada, concretamente a través da súa área de turismo, organizou un obradoiro de fotografía básica para este sector e o do deporte ao que asistiron deceas de persoas.

Tratábase dun curso de fotografía ao aire libre que se desenvolveu a primeiros de outubro, o día 3, que impartiu o fotógrafo José Gadea.

A delegación de turismo trabadense aproveita para lembrar a riqueza do municipio e os encantos que ten para a súa visita tamén no outono, con lugares coma a fraga da Belosiña.

A ría de Abres é outro dos elementos máis característicos de Trabada. Na que atopamos o último tramo do estuario do río Eo, unha zona predominantemente fluvial pero aínda con certa influencia mariña. Destaca unha pequena illa, habitada por chopos e carrizos, xusto no medio do estuario. E dispón tamén de puntos de observación de aves.

 

0.18306493759155