Decenas de persoas participaron na mobilización no Vello Cárcere pola retirada da bandeira de Palestina

LugoXa
A protesta reuniu veciñanza e representantes do BNG logo da decisión do novo goberno local de retirar o símbolo solidario
concentración-Lugo-por-Palestina-O-Vello-Cárcere
9 May 2026

Decenas de persoas participaron na mobilización convocada diante do Vello Cárcere en Lugo tras a retirada da bandeira de Palestina que ondeaba no edificio. A concentración foi promovida pola plataforma Lugo por Palestina como resposta á primeira decisión do novo goberno municipal do Partido Popular de retirar o símbolo de solidariedade.

No encontro estiveron presentes o portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola concelleira Iria Buide, quen acompañaron á veciñanza participante na mobilización.

Arroxo sinalou que a retirada da bandeira foi interpretada polo BNG como unha acción que busca xerar confrontación e división social, criticando que se eliminase un símbolo que fora aprobado previamente no pleno municipal sen oposición. Tamén vinculou a decisión á liña política do novo executivo local, ao considerar que se trata dun xesto que reverte iniciativas simbólicas relacionadas coa paz e os dereitos humanos.

O portavoz nacionalista lembrou ademais que O Vello Cárcere é un espazo vencellado á memoria histórica e defendeu que a presenza da bandeira de Palestina respondía a unha mostra de solidariedade cun pobo que, segundo sinalou, continúa a sufrir un conflito prolongado.

0.12160015106201