Dende mediados de decembro As Nogais conta cun novo punto limpo móbil

LugoXa
Desde mediados de diciembre As Nogais cuenta con el nuevo servicio del punto limpio móvil que mejorará la clasificación de residuos.
punto limpo mobil
3 Xan 2022

Dotar a As Nogais dun punto limpo móbil foi un dos asuntos que o alcalde do municipio, Jesús Núñez, abordou nunha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que se comprometeu a analizar a posibilidade de colaborar no financiamento deste servizo para mellorar a xestión do lixo doméstico o pasado mes de marco do 2021.

Este desexo materializouse o 17 de decembro grazas ao proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais para o financiamento de actuación en materia de residuos de competencia municipal.
Este tipo de contedores contribúen á conservación do medio ambiente e o patrimonio cultural.

PUNTO LIMPO MÓBIL
O punto limpo móbil é un contedor compartimentado no que é posible depositar diferentes tipos de residuos, como pequenos aparatos eléctricos, pilas, lámpadas, etc. O obxectivo deste tipo de contedores é axudar a destinar estes elementos para a súa reutilización e favorecer a súa reciclaxe ou correcta eliminación. O depósito dos residuos realízase de xeito sinxelo a través das diferentes bocas sinalizadas convenientemente.

Os puntos limpos móbiles achegan ao cidadán os medios precisos para impedir que determinados tipos de residuos acaben en contedores inadecuados, abarcando unha gran variedade de residuos en poucos espazos.

Para facilitar o seu uso polos veciños, o punto limpo móbil realiza unha ruta regular polas diferentes parroquias do concello, estacionando en zonas previamente seleccionadas.

A implantación dun novo punto limpo móbil supón unha mellora ao evitar os puntos de vertido incontrolado e dar un novo servizo á cidadanía, tanto no rural como na zona urbana.

A finais do ano 2019, As Nogais serviu de banco de probas para un proxecto autonómico demostrativo de compostaxe doméstica, dirixido a núcleos rurais de áreas dispersas e illadas para a xestión in situ e individual da fracción orgánica dos residuos xerados nos fogares.

0.19075703620911