Deputación e Carmen Lence mantiveron un encontro coa mocidade dentro do plan Reiníciate

LugoXa
La Diputación de Lugo y Carmen Lence mantuvieron un encuentro profesional con la gente joven de Lugo en la CEL.
280422 Encontro Carmen Lence Reiníciate
280422 Encontro Carmen Lence Reiníciate
29 abr 2022

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves nun encontro profesional con Carmen Lence organizado pola institución provincial en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) nas instalacións desta entidade en Manuel Murguía, en Lugo. A empresaria lucense abordou o seu percorrido profesional como muller emprendedora e a súa experiencia á fronte de Leche Río.

Esta iniciativa enmárcase nas actividades do programa de formación e emprego Reiníciate: Enfoca o teu futuro que ten en marcha a Deputación para a mocidade e nace co obxectivo de dar a coñecer casos de éxito empresarial aos mozos e mozas da provincia.

Pablo Rivera destacou a importancia destes encontros para “visibilizar e poñer en valor traxectorias profesionais que fomenten o emprendemento e apoien o talento dos mozos e mozas da provincia poñéndoos en contacto con casos de éxito profesional”.

O Deputado destacou o esforzo investidor que está facendo a institución provincial para dinamizar a economía e o emprego, lembrando que destina 3,5M€ a través do Plan Único, un investimento grazas ao que os concellos poden crear e manter 300 postos de traballo.

Así mesmo, a Deputación ten na actualidade tres programas de formación e fomento do emprego en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) que teñen un orzamento total de 4M€. Trátase do programa de acompañamento a inserción laboral Reiníciate. Enfoca o teu futuro con 400 prazas para mozos e mozas; o programa Reiníciate: Dixitaliza a túa empresa, que axuda a 500 negocios da provincia a aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías e a dixitalización para gañar en competitividade e produtividade; e o Reiníciate: Encamiña o teu futuro, para 120 persoas desempregadas de longa duración.