Desarticulada unha banda de ladróns que se facían pasar por revisores da luz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Garda Civil desmantelou a un grupo criminal especializado na comisión de roubos con violencia e de furtos no interior de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, baixo o modus operandi de falsos revisores de empresas da luz ou gas e sendo sempre a súas vítimas persoas da terceira idade, que viven sós en lugares illados de eidos rurais, como na localidade de Ribadeo.
otra
3 Out 2019

A Garda Civil desmantelou a un grupo criminal especializado na comisión de roubos con violencia e de furtos no interior de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, baixo o modus operandi de falsos revisores de empresas da luz ou gas e sendo sempre a súas vítimas persoas da terceira idade, que viven sós en lugares illados de eidos rurais, como na localidade de Ribadeo.

Operación Kingarma iniciouse a raíz dun roubo con violencia e intimidación perpetrado en Palas de Rei a mediados de maio. Dous varóns, facendo uso de violencia e dun arma tipo pistola, substraéronlle 500 euros en efectivo a unha persoa maior que vivía soa.

Iniciouse unha investigación polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Mixto de Chantada e lograron identificar aos membros dun grupo criminal formado por catro persoas españolas e residentes nas localidades coruñesas de Santiago e de Teo. Dende estos puntos se desprazaban por Galicia chegando a percorrer nun mesmo día 500 kilómetros.

A maioría traballaran durante anos legalmente para diferentes empresas enerxéticas e utilizando eses coñecementos levaban a cabo a súa actividade criminal.

O modus operandi consistía en desprazarse por diferentes aldeas e buscar vivendas onde residía xente maior soa á que abordaban dicindo que eran revisores da luz ou do gas, ou que viñan a mellorar o bono social eléctrico e emitían unha falsa factura. A continuación substraían, segundo os axentes, os cartos en efectivo que había na casa xa que obligaban ao morador a ir buscalo. Mentres un se encargaba de entreter á víctima, o outro ía a habitación de onde sacara os cartos e levaba o resto.

En catro meses que durou a investigación, a banda fíxose cuns 20.000 euros en efectivo.

A Garda Civil practicou catro detencións e catro rexistros domiciliarios, onde aprehenderon máis de 6000 euros, teléfonos, tarxetas sim e xoias, así como carpetas de empresas eléctricas e carnés acreditativos. Tamén interviron catro vehículos, dous deles de gama alta. 

Esclareceron os seguintes delictos: un robo con violencia e intimidación en Palas de Rei (Lugo), seis delictos de furto distribuídos en Sarria,  Abadín, Castroverde, Muras, Ribadeo e Vilalba, dous furtos en Pontevedra, un na Estrada e outro en Pontecesures, catro delictos de furto na Coruña, dous en Arzúa, un en Laracha e outro nas Pontes de García Rodríguez, así como outros delictos de estafa en Ribadeo, A Estrada, Castroverde, Vilalba e Pontecesures e outros continuados contra a seguridade vial.

Os catro detidos dentre 25 e 50 años tiñan antecedentes por feitos similares e foron postos á disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción 1 de Chantada.

 

 

0.1730329990387