Destacan a importancia da formación para o relexo xeracional no sector pesqueiro

TerraChaXa | LugoXa
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, defendeu a importancia das accións de formación e de sensibilización para promover o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro e puxo como exemplo deste labor o proxecto de cooperación Relevo 2020.
Batalla de porteiros
6 Sep 2020

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, defendeu a importancia das accións de formación e de sensibilización para promover o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro e puxo como exemplo deste labor o proxecto de cooperación Relevo 2020. Así o sinalou durante a presentación desta iniciativa dos grupos de acción local do sector pesqueiro que acolleu esta tarde o Museo do Pobo Galego. 

Relevo 2020 é froito da colaboración dos Galp A Mariña - Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible e Ría de Arousa e busca o relevo xeracional no sector pesqueiro mediante a capacitación de mozos e mozas, a través da formación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios. Con eses fins o proxecto, que está destinado a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos, inclúe seminarios formativos, titorías individualizadas, saídas de campo, encontros con persoas con experiencia no sector pesqueiro e visitas nos diferentes concellos de influencia dos grupos que forman parte do proxecto. 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18892097473145