Destinados 32.300 euros ao Viveiro para a contratación de tres persoas perceptores da Risga

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Xunta de Galicia destina 32.
23 Out 2020

A Xunta de Galicia destina 32.200 euros ao Concello de Viveiro para a contratación de tres traballadores desempregados que estean a percibir a Renda de Integración Social de Galicia (Risga).

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de redistribuír os remanentes deste programa de axudas así como do Aprol Rural  logo de que se produciran renuncias noutros municipios. “Reasignamos de novo as contías antes de pechar o exercicio orzamentario para non perder ese investimento”, apuntou.

Arias lembra que o Goberno galego xa aclarou no seu momento que Viveiro quedara fóra da primeira resolución porque presentaron a documentación o último día de prazo, cando a convocatoria establecía claramente a prioridade por orde de entrada para optar ás axudas.

Con esta nova concesión, na Mariña reciben apoio todos os concellos que o solicitaron, impulsando un total de 24 contratos cun orzamento de máis de 291.000 euros. Ademais de Viveiro, obtiveron axuda na convocatoria 2020 os municipios de Xove (1 contrato), Cervo (2 contratos), Ribadeo (5 contratos), Mondoñedo (1 contrato), Foz (5 contratos), Barreiros (2 contratos), Burela (5 contratos).

O número de contratacións distribúese de xeito obxectivo en función do número de perceptores da Risga que residían no municipio a data 31 de decembro de 2019.

0.19727492332458