Dez equipos de rugby de Galicia, España e Portugal prepáranse para o I Torneo Arde Lucus

LugoXa
Organízano co obxectivo de convertelo nunha cita “referente en Galicia e, como mínimo, no norte de España”, contan dende o club
presentación_torneo_arde_lucus_muralla_rugby
presentación_torneo_arde_lucus_muralla_rugby
7 Xuño 2024

O Muralla Rugby Club organiza o I Torneo Arde Lucus Rugby 7 mixto en categoría M-16, que se celebrará o próximo 8 de xuño de 2024. Un torneo que contará coa participación de 10 equipos chegados de diferentes puntos de Galicia, España e Portugal co obxectivo de convertelo nunha cita “referente en Galicia e, como mínimo, no norte de España”, contan dende o club. Participan a Selección Galega, Selección Valenciana, Muralla, Braga, Coreti Lalín, Ingleses Vilagarcía, Ferrol, Crat Coruña, Kaleido Vigo e Santiago/Zalaeta.

O torneo brindará un ambiente competitivo saudable e divertido, onde os equipos terán a oportunidade de xogar contra equipos doutros lugares o que lles axudará a crecer como xogadores e persoas. Estamos seguros de que o torneo achegará unha competencia apaixonante e enriquecedora a todos os rapaces. Tamén contaremos con actividades complementarias para o goce de todos os participantes e familias.

O formato do torneo é Rugby 7, os equipos divididos en dous grupos e unha vez que os partidos de grupo finalizaron disputaranse as finais de Ouro, Prata e Bronce. Un xornada apaixonante de rugby que comezará ás 11.00 horas e finalizará ás 19.30 horas. Se queres coñecer este apaixonante deporte achégache ao estadio Pérez Ribeira e descúbreo.

0.11989998817444