Diego Anido e Guillermo Paz foron os gañadores do certame Amarte Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Diego Anido (Lugo) e Guillermo Paz (Málaga) coa obra Mar revolto foron os gañadores do 4º Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se celebrou no muro do peirao de Burela desde o pasado xoves, 30 de xullo.
begonte_magosto_portada
3 Aug 2020

Diego Anido (Lugo) e Guillermo Paz (Málaga) coa obra Mar revolto foron os gañadores do 4º Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se celebrou no muro do peirao de Burela desde o pasado xoves, 30 de xullo. O evento foi organizado pola Concellería de Cultura.

Diego Anido e Guillermo Paz levaron o 1.500 euros do primeiro premio e tamén trofeo. Hipólito Xeada, de Alfoz, conseguiu o segundo premio por A mirada do mar e obtivo 750 euros máis trofeo. O terceiro premio foi para Martín Cal, de Ortigueira, coa obra O gardián do mar, que levou 300 euros máis trofeo.

E o premio para o mellor artista local foi para Héctor Manasé, de Burela, con Arraigados, que recibiu 300 euros máis trofeo.

Desde a Concellería de Cultural felicitan aos gañadores e aos nove participantes na cuarta edición deste certame: “parabéns aos gañadores e a todos os participantes polo voso enorme talento, por compartir con nós varios días con magnífico ambiente, por deixar para sempre a vosa alma e imborrable pegada no noso peirao. Grazas polo súa ardua tarefa ao xurado formado por David Catá (artista gañador do certame en 2019), Marcos Pereira (artista gañador do certame en 2017) e Anxo Rubiños (técnico de Cultura do Concello de Burela),

ao ceramista Alfonso Otero Regal por construír exclusivamente tan fermosos trofeos, a Raúl Torres por conducir a entrega de premios, ao grupo de gaitas da SCR Ledicia e da ACM Dambara por amenizar musicalmente o concurso, ao CCA Burela e ao hotel Nordés pola súa colaboración”. E engadiron: “unha vez máis, como era obvio, o arte e a cultura vencen calquera pandemia. Para o ano máis e mellor”.

 

43610045_2244307369121921_8001450894795210752_n

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19863986968994