Diego Rey acada o segundo posto no Circuíto Galego Absoluto de billar

O billar lucense asinou unha destacada actuación na segunda proba do Circuíto Galego Absoluto dos cadros A e B, celebrada o sábado 24 de outubro. A competición comezou ás 9.00 horas e reuniu xogadores en Teo, no caso do cadro A, e na sala Academia Lucense Poolroom, no cadro B.
No cadro A, disputado en Teo, Diego Rey conseguiu a segunda posición. Ademais, outros tres representantes lucenses, Francisco Doval, Anxo Lois e Pablo Rey, clasificáronse entre o quinto e o oitavo posto, confirmando a presenza dos xogadores da provincia nas eliminatorias finais.
Pola súa banda, o cadro B celebrouse na Academia Lucense Poolroom, cunha participación total de 29 xogadores. Iván Rey e Borja López ocuparon as dúas primeiras posicións, mentres que David Castro e Nacho Ffdez Auro finalizaron terceiros. Entre o quinto e o oitavo posto clasificáronse Alfonso Díaz, Rubén Fdez, Jorge Blanco e Froilán Cardelle.
A actividade continuou pola tarde coa segunda proba de terceira categoría da Asociación Galega de Pool, celebrada nos locais Open Pool e Tiempos Modernos. Manuel Somoza e Samuel Yanes foron os vencedores nas respectivas sedes, seguidos de Óscar López e Jaime Fontal.
Os terceiros postos corresponderon a Pablo Magide e Jean Carlos García nun dos locais, e a Amalia Buide e Karel Rojas no outro.