Diego Rodríguez Vázquez, de Monterroso, acada o terceiro posto da provincia de Lugo na PAU

LugoXa
O alcalde Eloy Pérez felicita a Diego Rodríguez Vázquez, de San Pedro de Frameán, e entrégalle unha placa e un exemplar do Códice Calixtino
Diego-Rodríguez-mellor-PAU-2026-Monterroso
19 Jun 2026

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, recibiu na Casa Consistorial a Diego Rodríguez Vázquez, un mozo natural de San Pedro de Frameán que conseguiu unha cualificación de 9,55 nas probas de acceso á universidade (PAU). Con este resultado, sitúase como o terceiro mellor expediente da provincia de Lugo e o número 15 a nivel galego.

Durante o encontro, o rexedor trasladoulle a súa felicitación polos excelentes resultados académicos e fíxolle entrega de dous agasallos institucionais, unha placa do Concello e un exemplar do Códice Calixtino. O estudante agradeceu o detalle e amosou a súa satisfacción polo recoñecemento.

Diego realizou os seus estudos no IES Lama das Quendas de Chantada, onde reside cos seus pais, aínda que foi criado en Monterroso, localidade na que segue a pasar parte do seu tempo. Ten previsto iniciar a súa formación universitaria en Historia e Relacións Internacionais en Madrid.

0.14130902290344