Dorra e Senande, en Antas de Ulla, celebrarán as súas festas do Santiago Apóstolo

LugoXa
Mañá domingo 24 de xullo darán comezo as festas do Santiago Apóstolo nas parroquias de Dorra e Senande, no Concello de Antas de Ulla.
Festas antas portada
23 Xul 2022

Mañá domingo 24 de xullo darán comezo as festas do Santiago Apóstolo nas parroquias de Dorra e Senande, no Concello de Antas de Ulla. A charanga e Dj Era visto serán os encargados de amenizar a primeira noite das festas.

O luns, o remate da misa, haberá unha sesión vermú a cargo do trío Orquídea, formación que tamén amenizará a verbena da noite en compañía de Los Coleguitas. A xornada do luns contará con unha gran sesión de fogos artificiais

O martes, para finalizar as festas, a orquestra Estrellamar animará a sesión vermú e a verbena da noite.

0.16418194770813