Educando en Familia comezou con cambios en Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A edil ribadense indicou que “este programa ten como finalidade promover a participación corresponsable de nais e pais para afortalar as súas capacidades nos procesos de apoio ás súas fillas e  fillos  e un desenvolvemento integral.
15 Out 2020

A edil ribadense indicou que “este programa ten como finalidade promover a participación corresponsable de nais e pais para afortalar as súas capacidades nos procesos de apoio ás súas fillas e  fillos  e un desenvolvemento integral. No Concello de Ribadeo o programa conta co apoio da Área de Educación. Asínase todos os anos un acordo de colaboración coa asociación Educando en Familia por medio do cal reciben unha subvención nominativa da Concellería  de Educación”.

Álvarez Lastra contou que “este ano ademais cambia de ubicación desenvolvéndose as sesións dirixidas ás familias do concello de Ribadeo na Escola de Música en horario de 10.30 a 12.00 horas todos os luns. E coa novidade de que este ano as sesións só están dirixidas ás nais e pais,  persoas adultas  coidadoras  de menores de 6 anos por mor da COVID”. 

A concelleira de Educación engadiu que “ao longo do curso desenvolverán xuntanzas e obradoiros con temáticas sobre a familia e a escola, entre a disciplina e a tolerancia, estilos e pautas educativas, acoso escolar… entre outras. Ademais destas xuntanzas realizarán actividades lúdicas coma contacontos, teatro de títeres, participarán en programas de radio, colaborarán con diferentes institucións... dentro da programación de actividades que teñen preparadas semanalmente”.

A información deste programa pódese visualizar en:  http://blogue.educandoenfamilia.org

Mariluz Álvarez lembra que “está aberto o prazo para solicitar ás axudas económicas á conciliación para as familias para a asistencia ás ludotecas e ao programa Bós días das ANPA do Colexio Público Gregorio Sanz”.

Educando en Familia comezou este novo curso en Ribadeo con cambios significativos e coa asistencia de 15 a 20 nenxs.

A concelleira de Educación, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “co comezo do curso escolar iniciou a súa andaina este luns o programa Educando en Familia . É un programa dirixido ás familias con fillos menores de seis anos, con especial atención ás que se encontren en risco de exclusión social, así como familias monoparentais”. 

0.21860790252686