Efrén Castro reuniuse coa empresa encargada de realizar o estudo sobre a ampliación do Pazo

LugoXa
A Deputación de Lugo ultima unha solución técnica que permitirá aumentar de forma significativa o número de asentos dispoñibles
reunión--Efrén-Castro-empresa-traballos-no-Pazo
16 Jan 2026

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, mantivo unha reunión coa empresa encargada de elaborar o estudo sobre as posibilidades de ampliación da capacidade do Pazo, nun encontro de seguimento no que se constatou que avanzan os traballos para concretar unha solución técnica viable que permita incrementar de maneira significativa o aforo do recinto.

Durante a xuntanza, a empresa responsable do proxecto confirmou progresos relevantes no deseño da proposta, que xa entra nunha fase de definición máis precisa tanto desde o punto de vista técnico como funcional. O obxectivo é dar resposta a unha demanda histórica de mellora da capacidade do Pazo, garantindo ao mesmo tempo a viabilidade da intervención.

Efrén Castro avanzou que no prazo aproximado dun mes e medio se presentará o resultado final dos traballos, un documento no que se detallará o alcance exacto da ampliación prevista, a solución técnica elixida e unha memoria económica que permitirá coñecer o custo estimado da actuación. Segundo indicou, este estudo servirá como base para dar os seguintes pasos administrativos e institucionais.

Unha vez se dispoña desa información definitiva, a Deputación de Lugo prevé iniciar unha rolda de contactos con outras administracións co obxectivo de establecer colaboracións que fagan posible desenvolver unha actuación cualificada como estratéxica e amplamente desexada para o futuro do Pazo.

⚙ Configurar cookies
0.093708038330078