El Combo Dominicano, La Travesía e Airiños estarán nas festas de Orbazai
A parroquia lucense de Orbazai presenta o cartel das súas festas na honra ao San Miguel que celebran os días 20, 28 e 29 de setembro. O venres comezan a celebración cunha churrascada popular por un prezo de 12 euros na que haberá empanada, churrasco, chourizos e tarta de Santiago.
A verbena nesta xornada virá amenizada pola orquestra El Combo Dominicano e un Dj. O programa continuará o sábado 28 de setembro a partir das 11 da mañá con pasacalles a cargo de Airiños de Orbazai, seguida de misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú. A verbena á noite estará protagonizada pola orquestra La Travesía. No descanso, a comisión organizadora sorteará un patinete eléctrico. O domingo 29 rematan as súas festas con misa solemne de novo, procesión con Airiños de Orbazai e sesión vermú tamén a cargado desta formación e do trío D´Caché.