Elaboran un libro solidario en Guitiriz para agasallo de Nadal

TerraChaXa | LugoXa
Desde o Concello de Guitiriz poñen en marcha a promoción do libro Tes un conto.
6ebcf80f 4fe4 4595 9174 a6391cd5ad7b
3 Dec 2020

Desde o Concello de Guitiriz poñen en marcha a promoción do libro Tes un conto..., formato físico da recompilación dos contos que foron enviados, dentro da actividade do día do libro, o pasado 23 de abril. O obxectivo é que este nadal se regale lectura solidaria.

Todas as persoas interesadas en participar nesta acción solidaria, deberán aportar un donativo de 5 euros na conta que o Concello ten habilitada para situacións de emerxencia social (ES20 2080 0122 4631 1000 0022). No momento do ingreso deberán indicar no concepto nome e apelidos -Tes un conto- e a cuantía que ingresan.

O libro recollerase na biblioteca municipal da Casa Habanera e será obrigatorio presentar o comprobante do ingreso.

Ofrecen máis información no 982 370 062 ou biblioteca@concellodeguitiriz.com

0.2173957824707