Elaborarán un estudo sobre accesibilidade nos edificios municipais da man do Colexio de Arquitectos Técnicos

LugoXa
O informe avaliará as condicións das instalacións públicas co obxectivo de detectar necesidades e planificar melloras para persoas con mobilidade reducida
accesibilidade-edificios-municipais-Lugo-COAG
22 Jul 2025

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo e o Colexio de Arquitectos Técnicos da cidade colaborarán na elaboración dun estudo destinado a analizar o grao de accesibilidade dos edificios públicos municipais.

Segundo explicou o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, o gabinete de accesibilidade do colexio técnico visitará distintas instalacións municipais para realizar un informe que permitirá coñecer con detalle as carencias existentes e as necesidades das persoas con mobilidade reducida.

Arroxo subliñou a importancia de avanzar cara a un modelo de cidade inclusiva, na que todas as persoas poidan desenvolver unha vida o máis normalizada posible, con independencia das súas capacidades físicas. “É fundamental seguir traballando por un concello inclusivo”, apuntou, engadindo que a accesibilidade e a perspectiva de xénero son dous piares esenciais para construír “un Lugo máis amable e accesible”.

Desde a Tenencia de Alcaldía aseguran que todas as actuacións municipais se orientan a facilitar a accesibilidade e a garantir que a veciñanza poida gozar dos espazos públicos con independencia das súas limitacións de mobilidade. Neste sentido, o estudo que se vai realizar servirá como ferramenta para planificar actuacións de mellora nas distintas instalacións do Concello.

⚙ Configurar cookies
0.16737079620361