En marcha preto dunha trintena de actividades gratuítas para a mocidade lucense
O Concello de Lugo conta cunha ampla programación de actividades para os meses de setembro a decembro destinada á mocidade lucense. En total, serán preto dunha trintena de obradoiros, masterclass, rutas e recursos aos que poderá acceder a xuventude do municipio de forma totalmente gratuíta.
Así, un concerto do MC Escandaloso Xpósito abrirá o programa de actividades este venres, 10 de setembro, a partir das 19.30 horas na Casa da Xuventude, seguindo todas as medidas de seguridade establecidas con motivo do protocolo covid-19.
As inscricións para este concerto, así como para o resto de actividades deberán realizarse a través do enlace: https://formulario.
Do mesmo xeito haberá unha programación de animación á lectura e contacontos nas instalacións do MIHL, para o que será preciso retirar entrada, de maneira gratuíta, no portal entradaslugo.es. As persoas adultas que acompañen ás nenas e nenos terán que retirar entrada, mais para dar preferencia ao público infantil, só se permitirá unha acompañante por unidade familiar, cun límite de tres entradas por persoa.
O ciclo conta cun total de cinco actividades, que comezarán o xoves 23 de setembro e continuarán ata o xoves 25 de novembro. Cada unha delas está dirixida a unha franxa de idade.
Programación
- Taller de Ioga: dende o 6 de outubro ata o 15 de decembro
- Taller de zumba: dende o 4 de outubro ata o 13 de decembro
- Taller de baile contemporáneo: Dende o 6 de outubro ata o 15 de decembro
- Taller de producción musical ABLETON-LIVE: 8,15,22,29 de outubro e 5 de novembro
- Iniciación a batería: 18,19,25 de outubro e 8,9,15,22,29 de novembro
- Taller de construcción de secuenciadores: 12,13,19,20 e 26 de novembro
- Mantemento de bicicletas 1: 23 de outubro
- Mantemento de bicicletas 2: 20 de novembro
- Tenis de mesa: Dende o 17 de setembro
- Memes sen gracia: memes contra a violencia: 22,23,24 de novembro
- Subir Historias: taller de experimentación con móbiles: 28 outubro e 4,11 e 18 de novembro
- Escola de Maxia: Dende o 7 de outubro ata o 25 de novembro inclusive
- Contar historias a través da fotografía: 16 de outubro
- Scape Room "XCAPATE. A Casa da Xuventude encantada": 28,29,30 e 31 de outubro
- Show Cooking samain. POSTRES TERRORIFICOS: 28 outubro
- Catas sensoriales: 19 de outubro 15 outubro
- Ruta nos viñedos da Ribeira Sacra: 15 outubro
- Taller experimental de deseño de roupa e moda circular: Dende o 28 de setembro ata o 30 de novembro
- Masterclass de Nutrición: 19 de Outubro, 23 de novembro e 14 de decembro
- Coñece a escalada: 23 de decembro
- Defensa personal: Dende o 18 outubro ata o 18 de decembro
- Parkour (Grupo iniciación): 16 de outubro
- Parkour (Grupo intermedio): 16 de outubro
- Danzas urbanas: tódolos sábados dende setembro
Programación ciclo de animación á lectura
- Teatro Ghazafelhos, A máquina do tempo, xoves, 23 de setembro ás 18.30 horas. A partir de 5 anos.
- Inacio Vilariño (Fantoches Baj), Espantamedos, xoves, 14 de outubro ás 18.30 horas. A partir de 4 anos.
- A xanela do maxín, U-la lúa, mércores, 20 de outubro ás 18.30 horas. A partir de 4 anos.
- Palimoco Teatro, A historia de Carme e Xacobe, mércores, 10 de novembro ás 18.30 horas. A partir de 5 anos.
- Carmen Domech, Contacontos de libros contentos, xoves, 25 de novembro ás 18.30 horas. A partir de 4 anos.