Ensemble Praeteritum abre a nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo

LugoXa
Doce concertos programados de outubro a xuño con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila que traerán á nosa cidade a mellor música
ensemble-praeteritum_5-e1427023940690
21 Out 2024

A cidade prepárase para a a nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo, que dará comezo o sábado 26 de outubro. Será a número 78, de forma ininterrumpida, dende o ano 1947, alcanzando xa o número de 740 concertos cos máis recoñecidos músicos e agrupacións de todo o mundo. Doce concertos programados de outubro a xuño con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila que traerán á nosa cidade a mellor música.

Ábrese a tempada co concerto que ofrecerá o prestixioso Ensemble Praeteritum Sinfónico no Círculo das Artes, o sabado 26 de outubro. Conformarán o programa a Sinfonía no 2 de J. Brahms e o Concerto para violín de L. v.Beethoven. O Ensemble Praeteritum é un conxunto instrumental creado polo violinista Pablo Suárez Calero en 2011 que dende 2023 converteuse tamén en formación de orquestra sinfónica sen a usual figura do director, tras unha longa e recoñecida traxectoria como conxunto de cámara.

 

CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO NESTA LIGAZÓN

0.19605398178101