Entregados os premios da VIII Edición de Cantamos coa Mans da FAXPG

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, participou no acto de entrega de premios da VIII Edición de Cantamos coa Mans, organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).
Este certame ten como obxectivo fomentar o uso da lingua de signos, promover a inclusión e impulsar o galego no ámbito educativo.
Nesta edición, o CEIP Plurilingüe de Nadela foi distinguido co Premio do Xurado, en recoñecemento ao seu compromiso cunha educación accesible, diversa e de calidade.
Buide quixo trasladar os seus parabéns á organización, ao alumnado e ao profesorado pola súa implicación e esforzo, e salientou que “iniciativas como esta demostran que é posible facer das aulas espazos máis inclusivos, participativos e enriquecedores para todo o alumnado”.