Entregados os premios do comercio na comarca da Fonsagrada

LugoXa
Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteouse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
entrega-premios-comercio-fonsagrada
12 Jun 2026

A praza do Concello da Fonsagrada acolleu a entrega dos premios correspondentes á campaña Merca no teu comercio, que se desenvolveu entre o 15 e o 30 de maio nos municipios de A Fonsagrada, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.

Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteouse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.

Merca no teu comercio ten premio é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso do Concello da Fonsagrada.

Na entrega de premios participaron representantes das entidades organizadoras; entre eles, José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; Carlos López, alcalde de Fonsagrada; así como representantes de Abanca.

0.13535904884338