Entregados os premios do concurso Arte con Fabas, do Concello de Lourenzá

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acolleu a entrega de premios da primeira edición do concurso Arte con Fabas, que foi organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) coa colaboración do Concello.
Captura de pantalla 2019 12 30 a las 10.31.29
18 Out 2020

O Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acolleu a entrega de premios da primeira edición do concurso Arte con Fabas, que foi organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) coa colaboración do Concello. O certame consistiu na realización dun collage elaborado principalmente con fabas. Establecéronse 3 categorías: ata os 10 anos (A), de 11 a 16 anos (B) e adultos (C).

A gañadora da categoría A foi Martina Yáñez Lorenzo e a vencedora da categoría B foi Daniela Yáñez Lorenzo. A categoría C quedou deserta por non haber participantes.

O premio para cada unha das gañadoras foi 75 euros en vales de compra para gastar no comercio asociado á ACIAL, un diploma e un agasallo por parte do Concello, consistente en material escolar.

Na entrega de premios participaron a tesoureira da ACIAL, Mª Fe De La Barrera López; a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

0.21825695037842