Entrevista: "A nosa filosofía é a prevención e o trato personalizado"

LugoXa
Entrevista a Juan Lema, propiertario da clínica Dental Testo sobre o traballo que a historia e o traballo que realizan
Dental test portada
Dental test portada
24 dic 2022

Dental Test é unha clínica odontolóxica con máis de 15 anos de experiencia en tratamentos dentais. Conta cun local completamente equipado e de vangarda que lles permite realizar a totalidade dos tratamentos dentais máis novidosos. Falamos con Juan Lema, odontólogo e propietario, sobre o traballo que realizan en Dental Test.

Cando nace Dental Test e cal é a súa filosofía?

Dental test nace no ano 2001 coa idea de ofrecer un servizo odontolóxico integral e crear sorrisos. A nosa filosofía é a prevención e o trato personalizado e o noso lema “sorrí á vida”.

Canta xente forma parte do equipo Dental Test?

Actualmente somos un equipo de seis persoas. Para nós o éxito é saber que cada día traballamos e nos esforzamos para obter a maior satisfacción dos nosos pacientes. Isto conséguese tendo un equipo facultativo e humano ben formado e motivado para que todos persigamos o mesmo obxectivo. Queremos que a xente que traballa en Dental Test, o noso equipo, queiran estar aquí sempre porque cren neste proxecto tanto coma nós. Na nosa clínica tratamos aos pacientes como se fosen da familia por iso todo o noso persoal ten ese perfil.

Que servizos ofrecen?

Odontoloxía integrativa, odontoloxía dixital, implantes dentais, endodoncia, ortodoncia invisible, estudo do sorriso, odontopediatría, periodoncia, estética dental e cirurxía oral e maxilofacial.

Dos servizos que ofrecen, cales son os máis demandados polos clientes?

Os tratamentos máis demandados son os implantes dentais, ortodoncia, estética dental e branqueamento, aumentando estes na época de verán. En implantes dentais contamos coa superficie máis avanzada, Stranmann SLA Active, que están á vangarda en resultados e investigación dental.

Que é o que máis se valora nun dentista?

Considero que o que máis valoran os nosos pacientes é a confianza no equipo médico, a atención recibida, que contemos cos últimos avances na tecnoloxía e no equipamento. Non basta con ser un bo profesional, tamén é importante estar ó día en formación continuada e ofrecerlle a maior comodidade e satisfacción na súa visita á nosa clínica.

Que é o máis importante da saúde bucodental?

O máis importante da saúde bucodental é realizar un bo cepillado de dentes tres veces ó día, usar fío dental e levar a cabo revisións de forma regular, tanto os adultos como os nenos, debendo realizar estes a súa primeira revisión aos tres anos de media. Para a primeira revisión dos máis pequenos é recomendable ir preparando aos nenos para que sexa unha visita agradable e non resulte un proceso cheo de angustia. Estas revisión convén facelas cada 6 ou 12 meses dependendo de cada caso.

Cales son os principais problemas dentro da saúde bucodental?

Sen dúbida a caries que afecta a case o cen por cento da poboación seguido por a xenxivite, periodontite, halitose, herpes e cancro oral.

Cal é a evolución da odontoloxía nestes últimos anos?

A odontoloxía evolucionou moito os último 20 anos. Perfeccionáronse as técnicas empregadas nos tratamentos e as anestesias. A busca de constantes melloras estéticas e tecnolóxicas axúdanos a realizar diagnósticos de patoloxías dentais máis rápido e de forma máis concisa. Permítenos tamén deseñar tratamentos personalizados.

Como ve o futuro da odontoloxía?

As novas tecnoloxías están revolucionando a odontoloxía e a nosa actitude cara a saúde bucal. Dispoñemos de innovacións cada vez máis disruptivas para mellorar a saúde bucal e tamén para mellorar a nosa práctica como profesionais. A nosa tarefa é estar ó días das últimas innovacións e seguir o ritmo das crecentes posibilidades no ámbito da saúde bucal.

Juan Dental Test