Entrevista: “Ensinamos a música de forma que desfruten e sirva de base”

LugoXa
Alís Martínez, fundadora e profesora na academia de música Heiko que abriu as súas portas no mes de setembro do 2017
alis martinez heiko 1200
13 Sep 2021

Alís Martínez, fundadora e profesora na academia de música Heiko

Cando se fundou a escola Heiko?

Heiko abriu as súas portas no mes de setembro do 2017 e naceu co obxetivo de achegar a música á xente, dende os máis pequenos ata os maiores que pensan que “xa son demasiado maiores” para empezar. Ensinamos a música de forma que desfruten e que lles sirva de base si no futuro queren adicarse profesionalmente a ela. Traballando as emocións e o que nos transmite. Tamén para todos aqueles que quedaron desencantados no conservatorio debido ás presións, procuramos que volvan atopar o que lles fixo empezar e o seu amor pola música.

Cal é o seu método lectivo?

Utilizamos a metodoloxía Musicaeduca, somos o único centro autorizado da provincia (en Galicia só hai en Pontevedra e Lugo). É a metodoloxía líder en estimulación musical temperá, con continuidade para a iniciación musical e a práctica instrumental, abarca todas as fases dun estudante.

Que aporta o ensino musical para os pequenos?

Están demostrados os numerosos beneficios que ten a música para os pequenos, dende a sociabilización, aprender a relacionarse cos demais, vencer a timidez e fortalecer a autoestima, a nivel emocional axuda tanto á relaxación como a mellorar o estado de ánimo, escoitar música alegre evoca felicidade, desestrésanse tocando os instrumentos e é moi beneficioso para superar a frustación.

Tamén axuda na psicomotricidade, desenrolo do oído, a disciplina, a paciencia e algo moi importante tamén, o esforzo, ensina que as cousas pódense conseguir si traballas nelas, puidendo facerse dunha foma divertida e coa que disfrutas.

Dende que idade se lles pode ensinar música?

Nós comenzamos aos 10 meses. Está demostrado os beneficios incluso no ventre materno, polo que dende que naces pódese empezar.

Que diferencias existen entre os grupos de idade?

Nós dividimos varias etapas. De 10 meses a 4 anos é a etapa de estimulación musical, veñen acompañados dos papás e mamás ás clases, reforzando o vínculo entre eles. Traballamos con instrumentos de pequena percusión, cancións, bailes, contos e xogos. De 5 a 7 é a etapa de iniciación musical: aprenden a base teórica a través da práctica, nós ofrecemos clases grupais de teclado, violín, guitarra e percusión. Aprenden música tocando e escollan o que escollan nesta etapa despois sempre poden cambiar de instrumento. A partir de 7/8 anos comézase coa práctica instrumental, aquí soen ter claro que instrumento lles gusta, e aínda que poden seguir en grupo, moitos comezan as clases individuais, piano, violonchelo, batería... Centrámonos na técnica do instrumento engadindo a teoría necesaria para cada alumno. As idades non son exactas, hai nenos que fixeron toda a etapa de estimulación, e ás veces aos 5 e 6 anos xa empezan a tocar un istrumento individual. Pódese empezar en calquera idade dende cero, xa que adaptamos o contido a cada persoa.

Canto tempo lles leva aos rapaces tocar un instrumento?

O tempo é moi distinto para cada rapaz, depende do que traballe na casa e o que aproveite a clase, está claro que uns poden ter máis facilidade que outros, pero sen práctica na casa non se pode conseguir resultados, é como un deporte, hai que adestrar con regularidade. A maioria, nun mes xa está tocando diferentes obras.

Hai moitas voces que din que a música debería abranguer máis horas lectivas, que opina?

Si, sen dúbida algunha! é unha vergoña que quiten a música das aulas, hai en cursos que nin siquiera teñen unha hora. Con todos os beneficios antes expostos debería esatar mais que claro, pero ademais xa en primaria e secundaria, está demostrado que axuda dentro das inteligencias múltiples, á mente lóxico-matemática e a resolución de problemas. Xunto coa disciplina de estudo que falabamos, a paciencia e a gestión da frustación.

Cantas horas de música debería facer un rapaz de media?

Non me atrevo a dicir unha media de horas, pero si que sexa algo diario, é mais importante a continuidade e o hábito. Depende do nivel no que sen encontren e os obxetivos que queran acadar. O mais importante é manter o equilibro para que sempre siga sendo algo que lles aporta beneficio, lles gusta e desfrutan, non unha obriga e unha presión, polo que mais adiante poidan deixar de tocar extasiados... unha das primeiras causas de abandono nos conservatorios. Ese é o noso principal obxetivo, que cada quen descubra asúa forma de disfrutar coa música.

Ademais de tocar instrumentas, fan algunha outra actividade na escola?

Comezamos o ano pasado con inglés con música, e está tendo moi boa acollida. Pola pandemia tivemos que frenar outras cousas que intentaremos recuperar este ano, como os talleres de hallowen, navidad, entroido... e de findes soltos como ioga intantil, escritura creativa, maxia, contacontos... Para enterarse de todos poden seguirnos nas nosas redes facebook e instagram.

alis martinez heiko
0.081079959869385