Escolares do CEIP Casás estrean un documental nos cines Codex
Os escolares de sexto de primaria do CEIP Casás estrearon o documental Donas de Casás, adicado a mulleres importantes na súa vida. A estrea realizouse nos cines Codex de Lugo.
O traballo realizado polos alumnos e alumnas reflicte as duras circunstancias que tiveron que superar algunhas das mulleres das que se recollen testemuñas neste documental.
O documental forma parte do Plan Proxecta Donas de sí, que ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.