Escollidos os gañadores do Certame das Letras Galegas de Xermade

LugoXa | TerraChaXa
A Biblioteca de Xermade fixo público os fallo do xurado do Certame de Narración e Debuxo Infantil e Xuvenil Letras Galegas 2020 ao que se presentaron 33 traballos sobre o tema proposto Xermade, o meu pobo.
CARTEL-OBRADOIRODE-ACUARELA
25 Nov 2020

A Biblioteca de Xermade fixo público os fallo do xurado do Certame de Narración e Debuxo Infantil e Xuvenil Letras Galegas 2020 ao que se presentaron 33 traballos sobre o tema proposto Xermade, o meu pobo. Os premios consisten nun diploma, un libro e un vale de 60 euros para cada premiado ou premiada, para gastar na Farmacia de Xermade, coa finalidade de minorar o gasto mensual que están a afrontar as familias en máscaras, xeles hidroalcólicos, etc.

Na categoría de debuxo os premios foron para Elena Gato Ares, polo traballo A xente de Xermade, o noso maior tesouro, e para Uxía Cazás Pardiñas, por Outono en Burgás, ambas as dúas na categoría A, ata 8 anos.

Na grupo de 9 a 11 anos as gañadoras foron Ainara Romero Baamonde, por Ponte de Baxín, e Noa Hormeño Carballeira por Un paseo por Roupar. Entre os maiores os premios foron para Jonathan Rodríguez Graña, por A natureza, e Ainara Cancelo Cabaleiro, por A igrexa de Xermade.

Na categoría de narración, ata 8 anos os premios foron para Gael Otero Gómez, por O Xigante de Xermade, e Lois Martínez Bermúdez, por A miña vila. No seguinte grupo os premios caeron en Inés Fernández Piñeiro, por Xermade en flor, e Saria Paz Prieto, por Xermade. Finalmente, na categoría para rapaces de 12 a 17 anos, Simón Silva González con O Campión Xan, e Aroa Blanco Prieto, con Un pobo, unha historia, leváronse os vales.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18148684501648