Espasante, en Castroverde, presenta o programa das súas festas
LugoXa
Os días 21 e 22 os veciños festexan a romaría na honra da Virxe das Angustias
8 sep 2024
Espasante, parroquia de Castroverde, celebra as súas festas neste mes de setembro. Os días 21 e 22 os veciños festexan a romaría na honra da Virxe das Angustias. O sábado haberá misa solemne dende as 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Solimar.
Ás 19.00 horas haberá para os máis cativos Cuentacuentos Kirikiki da man de Jacint Martín que achegará, entre outras actividades, a busca do tesouro e xogos particpativos. A verbena estará amenizada por Solimar e a disco móbil Coco Music. O domingo continúa a festa cin misa solemne, procesión, sesión vermú e fin de festa co dó Elixir.