Está aberto o prazo para encargarse da cafetería da Casa da Cultura do Vicedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Nov 2019

No Concello do Vicedo abríuse o prazo para presentar ofertas a fin de ocuparse do servizo de cafetería da Casa da Cultura.

Máis concretamente, pódense presentar ofertas ata o 19 de novembro.

Toda a información relativa ao procedemento pódese atopar na web do Concello, no que hai que introducir a clave dixital. As persoas interesados nesta oferta tamén poden chamar ás oficinas do Concello de O Vicedo 982.590.029.

A Casa da Cultura inaugurouse en 1999 e conta con dúas plantas, máis un soto con diferentes estancias.

O edificio está situado na céntrica rúa Cidade de Mondoñedo e supón un punto de encontro dos veciños, un lugar de reunión de asociacións e colectivos municipais, que conta con salón para diferentes actos e salas para cursos, entre outras dependencias.

Ademais, o edificio multiusos, sito ao lado da Casa da Cultura, tamén alberga unha aula e as instalacións do Punto de Atención á Infancia.

0.18742489814758