Esta fin de semana celebrarase o I Torneo AECC Club de Golf Lugo

LugoXa
O sábado e domingo durante todo o día celebrarase o I Torneo AECC Club de Golf Lugo a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro.
1Cartel Torneo AECC Club de Golf Lugo
24 sep 2021

O sábado pola tarde e o domingo durante todo o día, 25 e 26 de setembro respectivamente, celebrarase o I Torneo AECC Club de Golf Lugo a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro.

O torneo terá lugar no Club de Golf Lugo, situado en Santa Marta de Fixós. Para participar será necesaria a inscrición que terá unha cota de 20 euros e qur será íntegra para a AECC Lugo e contarase con premios en función de cada categoría.

As categorías serán Campión Scratch, Campión 1º Cat. Hándicap, Campión 2º Cat. Hándicap, Subcampión 1º Cat. Hándicap, Subcampión 2º Cat. Hándicap, Mellor Driver Feminino e Mellor Driver Masculino eMellor Approach

O domingo, 26 de setembro, haberá tamén un menú solidario no restaurante do Club de Golf, Lareira de Albatros e sorteo de agasallos entre os comensais e os participantes.

As persoas que estean interesadas en participar no Torneo de Golf a beneficio da AECC Lugo poden facelo previa inscrición no teléfono 982 17 63 14 o a través del correo  electrónico golflugo@golflugo.com.

Cartel Torneo AECC Club de Golf Lugo
0.086323976516724