Esta fin de semana Monterroso énchese de actividades
Monterroso acolle esta fin de semana varias actividades para desfrutar entre as que se atopa a cuarta edición de A bocados, unha festa retro dos anos oitenta e diferentes actividades fluviais.
A bocados é un concurso de tapas que organiza a asociación Entropía Folk en colaboración co concello. Nesta cuarta edición participan un total de trece establecementos onde se poderán probar as tapas dende o venres en horario de 20:00 a 22:00 ata o sábado en horario de 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 22:00. Os asistentes ó concurso de tapas poderán participar nun sorteo dunha estancia de fin de semana.
O sábado 23 na Praza do Froito terá lugar unha festa con tématica retro dos anos oitenta que dará comenzo as 23:00 e contará coa música do dj Neto do Rubio.
Para finalizar a fin de semana, o domingo, na area recreativa da Peneda haberá actividades fluviais gratuitas entre as que se atopan rocódromos acuáticos, kaiaks, tobogáns ou paddle surf. Para realizar as incripcións hai que chamar ao número de teléfono 636504155.