Esta fin de semana Sambreixo celebra as súas festas

LugoXa
Sambreixo, en Palas de Rei, celebra esta sábado 24 e domingo 25 as súas festas cheas de música e celebración
Festas Sambreixo Palas portada
22 sep 2022

Sambreixo, en Palas de Rei, celebra esta fin de semana as súas festas. O sábado darán comezo as celebracións ás 13.30 con unha alborada do grupo Os Presiosos e ás 12.15 terá lugar a celebración da misa. 

A sesión vermú dará comezo ás 14.00 co dúo Carpe Diem que tamén serán os encargados, xunto coa orquestra Marinedad e de amenizar a verbena que dará comezo ás 23.00. 

O domingo a misa celebrarase ás 13.00 e a sesión vermú dará comezo ás 14.00 amenizada pola charanga Europa. Pola tarde ás 17.00 haberá xogos populares e ás 17.30 o IV Campionato de Billarda Terras de Sambreixo. 

Para finalizar as festas ás 19.30 o dúo Palabras Radicais presenta a obra Sentimentos Revolucionarios e a continuación un recital e presentación poética de Xaime e Lolo.

Festas Sambreixo Palas
0.12478590011597