Esta semana nova programación dos tardeos e noiteos

LugoXa
Os tardeos e noiteos promovidos polo Goberno de Lara Méndez continúan unha semana máis cunha ampla variedade de actividades
Tardeos e noiteos portada 2
12 sep 2022

Os tardeos e noiteos promovidos polo Goberno de Lara Méndez continúan esta semana cunha ampla variedade de actuacións musicais, obradoiros, e actividades para todas as idades nas diferentes zonas da cidade. Esta programación enmárcase no movemento Localmente Lucense que o executivo municipal puxo en marcha, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, que dirixe a edil Ana Abelleira, para dinamizar as rúas e os barrios lucenses e impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local.

Hoxe comeza a programación desta semana, os tardeos  terán lugar en horario de 17.00 a 20.00 e os noiteos celebraranse de 21.00 a 23.00, con un tardeo na praza da Milagrosa de Cirqueando na praza, obradoiros e xogos ea actuación do DJ Marcos Peón. O noiteo terá lugar na praza de Augas Férreas coa actuación musical de Wicked World.

O martes 13 haberá un Noiteo na vagoada Campus Universitario coa actuación musical do grupo lucense Nebra.

Para o mércores 14 o tardeo terá lugar na praza do Castiñeiro con un espectáculo e obradoiro de maxia a cargo de Roberto Lolo e a actuación do  DJ Leivas. O noiteo será na praza de Campo Castelo coa actuación musical de Jorobados del Miño.

Para finalizar a porgramación desta semana o xoves 15 terá lugar un noiteo no cruce das Gandaras coa actuación musical de Planeta B.

OK tardeos noiteos setembro
0.18741297721863