Estánse a facer traballos de limpeza no treito do río Masma ao seu paso por Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Masma, ao seu paso polo concello de Mondoñedo.
ceip lagostelle
30 May 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Masma, ao seu paso polo concello de Mondoñedo.

A intervención estase a executar nun tramo duns 40 metros de lonxitude que coincide co percorrido do río polo lugar do Arco, na parroquia de Masma (Santo André).

As tarefas de mantemento desenvolveranse en dúas fases. Nesta primeira, acométese a retirada do atoamento na ponte, roza e corta da vexetación que se desenvolve na zona de sedimentación da canle, e o levantamento topográfico da canle na zona anterior.

Nunha segunda fase, os traballos centraranse na  retirada do sedimento e no transporte a xestor autorizado dos residuos xerados en ambas as fases.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17745590209961