Estase ampliando a beirarrúa da Rolda da República Arxentina de Lugo

LugoXa
Os traballos consisten na renovación da actual beirarrúa, que se atopa nun avanzado estado de desgaste, creando un novo camiño peonil accesible
Ronda-República-Arxentina-obras
13 Dec 2024

A beirarrúa da Rolda da República Arxentina de Lugo estase ampliando a través dunha actuación da área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo.

Os traballos están a realizarse na unión de República Arxentina coa rúa Santiago, ampliando a actual beirarrúa para garantir un camiño peonil transitable.

Os traballos consisten na renovación da actual beirarrúa, que se atopa nun avanzado estado de desgaste, creando un novo camiño peonil accesible no paso de peóns que une a rúa Santiago coa rolda da República Arxentina. "Con esta intervención favorecemos a accesibilidade da veciñanza e melloramos as instalacións e os servizos públicos", explicou o tenente alcalde.

Rubén Arroxo afirmou que "na planificación da cidade sempre temos en conta cuestións importantes para toda a veciñanza de Lugo, entre estas cuestións destacan a accesibilidade e a perspectiva de xénero para facer de Lugo un lugar amable e accesible".

⚙ Configurar cookies
0.17227482795715