Este martes queda cortado o acceso e saída da rúa Armañá cara a Praza de Santo Domingo
O Concello de Lugo informa que, ante a necesidade de executar as canalizacións entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo, traballos enmarcados na obra 'Corazón Verde entre Murallas', será preciso cortar o acceso e saída da rúa Armañá á devandita praza, á altura da entrada de Massimo Dutti ,a partir do próximo martes, día 16 de abril pola mañá.
Para iso, mentres duren os labores, os vehículos que accedan e saian desde a contorna da Praza Armañá, deberán facelo pola rúa Luis Peña Novo, por diante da Praza de Abastos e xunto á saída do parque de Santo Domingo, para o que se habilitará dobre sentido de circulación.
A empresa encargada das obras instalará sinalización na zona, garantindo as condicións de seguridade para traballadores e usuarios xa que o tránsito peonil si estará permitido. O Concello lamenta as molestias que estes traballos poidan ocasionar e pide comprensión á veciñanza.