Este sábado celébrase a final do certame de monólogos Ciencia Calidade

LugoXa
O Auditorio do Vello Cárcere acollerá este sábado a final do certame de monólogos científicos Ciencia Calidade
Concurso monólgos científicos
4 Nov 2022

O Auditorio do Vello Cárcere acollerá este sábado a final do certame de monólogos científicos Ciencia Calidade, organizado polas divulgadoras Eva Cabanelas e Andrea Muras.

Durante a gala poderanse escoitar os oito monólogos en galego elixidos para a final do certame que son De profesión: perseguidor de pedras de Alejandro Gómez Pazo (Xeografía), O potencial da microbiota na saúde mental de Marta Trillo Dominguez (Biomedicina), Insectos contra o quecemento global de José Iglesias Moure (Bioloxía), Que intelixentes son as vacas! de Uxía Yáñez Ramil (Veterinaria), Situación da vespa velutina en Galicia de Antonio Cagide Varela (Bioloxía), Nanopartículas de magnetita, que son e por que son interesantes? de Ángela Arnosa Prieto (Química), O mundo nunha bosta de David García Dios (Veterinaria) e Family matters de Miriam Cebey López (Farmacia).

Ademais a xornada contará cun espectáculo músical, Elemental, do divulgador científico Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández. Trátase dunha obra de pequeño formato que mestura a música do piano con stand-up comedy, teatro e cancións para contar as historias agochadas atrás dos elementos da Táboa Periodica.

Os monólogos serán avaliados por un xurado de persoas expertas en divulgación científica.

Cartel Concurso final
0.17471098899841