Este sábado Navia celebra un magosto popular

O Concello de Navia de Suarna en colaboración coa Deputación de Lugo organizan un magoto para o próximo 29 de outubro
CARTEL MAGOSTO 2022 navia suarna
24 Out 2022

O Concello de Navia de Suarna en colaboración coa Deputación de Lugo organiza un magosto popular. A celebración terá lugar este sábado 29 de outubro na praza de Proba.

O magosto dará comezo ás 20.00 e ademais de desfrutar deste típico manxar de outono haberá unha degustación de aperitivos típicos da época outonal como touciño, chourizo asado e viño.

Mais tarde a xornada contará tamén con unha actuación musical.

0.10744214057922