Este venres dan comezo as festas da Milagrosa

LugoXa
O barrio da Milagrosa volve este ano coas súas festas que se celebran dende o día 2 ata o 7 de setembro nunha semana chea de programación.
Portada
31 Ago 2022

O barrio da Milagrosa volve este ano coas súas festas que se celebran dende o día 2 ata o 7 de setembro.

A programación comeza o venres 2 de setembro ás 19.30 coa actuación de un grupo folclórico para continuar ás 20.30 co pregón que correrá a cargo da alcaldesa de Lugo Lara Mendez. A inauguración do feiral será ás 21.00 e dará comezo tamén a verbena a cargo da Orquestra Fuego.

O sábado haberá unha sesión vermú ás 13.30 a cargo do Grupo Ritmo. Xa pola tarde, ás 17.30 terá lugar unha actuación de Dj na Rúa Mallorca acompañada de unha demostración de bailes da escola Gravity e ás 19.30 unha actuación dun grupo folclórico. A verbena do sábado dará comezo ás 21.30 amenizada polo Grupo Ritmo e o dúo Mar de Caión.

O domingo o día dará comezo con unha misa e procesión ás 12.00 para continuar ás 13.30 coa sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate. Haberá unha actuación de charanga ás 19.30 e rematará o día con unha verbena ás 21.30 amenizada pola orquestra Escaparate.

Durante a semana tamén haberá programación de festas, o luns a verbena ás 21.00 coa orquestra Acordes e a actuación de Pili Pampin e o martes un torneo de tenis de mesa ás 16.00 e verbena a cargo do dúo Pekados ás 21.00.

Para rematar as festas o mércores día 7 terá lugar unha festa infantil con globoflexia, pintura de caras, maquillaxe e chocolate con churros ás 17.00. Celebrarase tamén un torneo de xadrez na Rúa Mallorca ás 19.00 e rematarán ás festas con unha verbena a cargo do dúo Elixir ás 21.30.

CARTEL ORQUESTAS FIESTAS MILAGROSA 2022
0.19809603691101