Evislusa valorará o custo total da execución das obras nun inmoble da avenida da Coruña

LugoXa
O inmoble atópase desde hai anos nunha situación ilegal, xa que conta cun volume construído por encima da normativa
pleno-Concello-de-Lugo
6 May 2025

A empresa pública Evislusa asumirá o encargo de valorar o custo total da execución subsidiaria que o Concello planifica realizar antes de final de ano nun inmoble sito na avenida da Coruña, 24.

O inmoble atópase desde hai anos nunha situación ilegal, xa que conta cun volume construído por encima da normativa. Ademais, o seu propietario desatendeu todas as comunicacións enviadas polo Concello instándolle a que repoña a legalidade.

Por este motivo, e co obxectivo corrixir a situación administrativa e de paliar os prexuízos que esta edificación está a causar ás vivendas lindeiras, o Concello de Lugo comunicou no seu día que asume a realización dos traballos de forma subsidiaria, realizando os traballos e repercutindo o custo á propiedade.

Para iso, encargouse un proxecto que prevé a demolición de planta e media para eliminar o volume sobrante e adecuar as súas dimensións dentro do galibo que marca o PXOM, ademais de dotar á cuberta do edifico cos perceptivos sistemas de evacuación de augas que contribuirán ao correcto funcionamento da mesma evitando así prexuízos para as edificacións contiguas.

O proxecto será sobre o que se realizarán os traballos previstos para este exercicio segundo informou hai meses Urbanismo, pero é necesario, debido á subida de custos no sector da construción actualizar o seu orzamento.

Unha vez definido o orzamento final que se atopa xa moi avanzado, este será aprobado en Xunta de Goberno Local antes de que o Concello saque a licitación a execución dos traballos que se estima poidan estar executados ao alrgo deste exercicio.

Pola súa parte, o PP sostivo que "o Goberno aceptou facer unha nova valoración da ejecución subsidiaria, algo que era imprescindible, pero isto non satisfai nin as nosas pretensións nin as dos afectados, polo que nos manteremos vixiantes semana a semana ata acadar a licitación das obras, a correcta execucción das mesmas e que se restableza a legalidade urbanística, eliminándose os danos e perxuizos que veñen sufrindo os propietarios afectados dende hai tantos anos".

⚙ Configurar cookies
0.1784040927887