Expertos en baile tradicional darán obradoiros no CentrAD
A asociación de Gaiteiros Galegos organiza mañá no Centro de Artesanía e Deseño (CentrAD) de Lugo as IX Xornadas sobre Baile Tradicional. Dende as 10.15 e ata as 18.30 horas, profesionais do mundo da danza e interesados no baile galego poderán participar de obradoiros prácticos.
Pedro Brañas, Carme Campo, Chus Caramés e Luis Prego collerán o rol de profesor nos obradoiros que se espallarán ao longo de toda a xornada.
Os obradoiros destas xornadas, que contan coa colaboración do CentrAD, están pensadas para que os asistentes podan completar os seus coñecementos sobre baile tradicional e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.
PROGRAMA
10.15 - Apertura
10.30 - Obradoiro I: “O baile en Silvela” - Pedro Brañas
12.00 – Descanso
12.30 - Obradoiro II: “Tornando ao bailar do Porriño” . Carme Campo e Chus Caramés.
14.00 – Remate sesión da mañá
17.00 - Obradoiro III: “O baile no Val do Dubra” - Luís Prego