Explorar o mundo da percusión dentro dun grupo de batucada: a nova formación que se imparte en Lugo
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con representantes do grupo Tambukda o curso "explorando o mundo da percusión" co que colabora a área de Cultura e que permitirá a todas as persoas que o desexen "aprender de xeito gratuíto a participar nun grupo de batucada". Ferreiro destacou que "trátase dunha formación de iniciación que permitirá coñecer as bases da batucada, facilitando o achegamento desta forma de expresión artística".
O curso celebrarase nas noites dos xoves, entre as 20 e as 21 horas, dende o 7 de marzo ata o 2 de maio nas instalacións de Tambukda na Estación de Autobuses. As persoas interesadas poderanse anotar contactando co grupo por teléfono no 692 200 764 ou no correo electrónico iniciacion.percusion@gmail.com.
Tambukada é un grupo aberto a toda persoa interesada en aprender batucada. Para isto, contan con varios niveis de formación, desde a iniciación, onde se pode entrar sen ter coñecementos musicais previos. No grupo avanzado trabállanse os bloques e coreografías que o grupo amosa nas exhibicións.
I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.
I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.