ExpoLugo A Rural celebra unha nova edición a próxima fin de semana

LugoXa
Unha nova edición da feira agrogandeira ExpoLugo A Rural celebrarase os vindeiros 7,8 e 9 de outubro no Pazo de Feiras
EXpoLugo A Rural portada
3 Oct 2022

Volve unha nova edición da feira agrogandeira ExpoLugo A Rural, que se celebrará os vindeiros 7,8 e 9 de outubro no Pazo de Feiras, no marco do San  Froilán. A exposición contará con visitas guiadas polo Bolechas e un menú para degustar productos autóctonos.

O tradicional desfile de gando celebrado como unha das actividades máis xenuinas o programa do San Froilán, será o venres 7 ás 18.00 horas na contorna da Praza Maior de Lugo.  No paseo polas rúas, no que se procurará recrear o ambiente feiras de gando dos anos sesenta, participarán exemplares das  distintas razas autóctonas con presenza na Feira.

O venres pola mañá terán lugar as xornadas técnicas onde haberá catro charlas sobre gandeiría na que se abordarán temas como a saúde asociada a unha maior productividade dentro do gando ou as innovacións que se poden aplicar a este sector.
Exposición e certames de razas autóctonas

ExpoLugo A Rural tamén acollerá unha ampla mostra de animais vivos de razas autóctonas, coa presenza de criadores e criadores de cabalo de pura raza galega, porco celta, galiña de Mos, ovella e cabra galega, e vacún de raza rubia galega  e das razas cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa (Boaga). Este ano é novidade un certame e exhibición de can de pastoreo e manexo de gando, a cargo de Ovica e Actican.

No espazo expositivo terán tamén presenza firmas de comercialización e venda de produtos agrogandeiros de razas autóctonas, entre elas, as  comercializadas polas propias asociacións de gandeiros e a plataforma de venda en liña Son de Lugo, que agrupa unha vintena de produtores e  produtoras lucenses.

Entre as actividades lúdicas e divulgativas desta nova edición destaca a presenza dos Bolechas, que guiarán aos  nenos e nenas polas distintos  puntos do espazo expositivo trasladándolles aos máis pequenos e pequenas a importancia do traballo de gandeiros e gandeiras. Estas visitas guiadas constarán de catro pases nos seguintes horarios sábado ás 17.45 e ás 18.45 e domingo ás 11.45 e ás 12.45.

O programa de ExpoLugo tamén incide na promoción dos produtos agrogandeiros co Menú autóctono, a base de produtos de razas autóctonas e comercializados polos expositores da feira, que se poderá degustar na recén inaugurada cafetaría do Pazo, O Pazo Eventos.

ExpoLugo A Rural estará aberta o sábado e o domingo, en horario continuo de 11.00 a 20.00 horas e con entrada de balde.

EXpoLugo A Rural

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1871600151062