Fabiola García destaca a calidade das residencias de maiores de Burela e Cervo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a calidade asistencial das residencias de maiores de Burela e Cervo.
4 Mar 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a calidade asistencial das residencias de maiores de Burela e Cervo.

Fabiola García sinalou que a conciliación familiar non afecta unicamente ao coidado dos máis pequenos da familia, senón tamén á atención ás persoas maiores. Por iso, resaltou a importancia de ofrecer servizos de alta calidade para que poidan pasar esta etapa das súas vidas nas mellores condicións sen repercutir na vida laboral das súas familias.

Ademais de visitar a residencia que a Xunta ten en Burela, na que residen máis de 80 persoas maiores, a conselleira de Política Social tamén tivo a oportunidade de visitar o centro residencial municipal de Cervo que é xestionado pola asociación Mensajeros de la Paz.

Así, Fabiola García gabou o traballo realizado por esta asociación e a maiores salientou a importancia da coordinación entre entidades sociais e administracións públicas para mellorar os servizos e recursos que se poñen á disposición das persoas de máis idade.

0.21314811706543